Publicador de contidos

Publicador de contidos

A corentena nas aulas de infantil e primaria farase a partir dos cinco casos

A corentena nas aulas de infantil e primaria farase a partir dos cinco casos

Tamén se pechará se o 20% dos alumnos son positivos

Se son menos consideraranse casos esporádicos e non haberá que facer corentenas

G24.gal 07/01/2022 18:57

O curso volve con novidades nos protocolos covid. A partir do luns deixarán de facerse corentenas dos contactos estreitos cando se detecte algún caso en infantil e en primaria. A norma será que se hai menos de cinco nenos contaxiados se consideren casos esporádicos e se continúe con normalidade.

Se hai máis de cinco nun periodo de sete días ou está o vinte por cento da clase afectada, pecharase a aula e manteranse todos os alumnos en illamento durante unha semana. O obxectivo é garantir ao máximo a presencialidade dos alumnos mentras se avanza na vacinación.

En Galicia, segundo di o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanza a bo ritmo:  "a día de hoxe temos o 54 por cento dos nenos e nenas xa están vacinados en Galicia. Son 84.366 rapaces que xa teñen esa primeira dose. E o 97,3% dos que teñen entre 12 e 19 teñen polo menos unha dose da vacina, e o 94,5% teñen a pauta completa, 8 puntos por enriba da media".

Para os maiores de 12 anos aplicarase a estratexia da poboación adulta: se se contaxian gardarán corentena de 7 días, e os seus contactos só terán que illarse se non están vacinados.

As clases retómanse cunha explosión de casos pola variante omicron. A Xunta prevé que para o luns poidan estar cubertas todas as prazas dos profesores que están de baixa por covid.

"Estamos xa hoxe mesmo contactando con algo máis de 200 profesores substitutos para o día 10 se incorporen aos centros", asegura Román Rodríguez, o conselleiro de Educación.

Desde Educación xa contan con que despois das vacacións de Nadal haberá un aumento de casos nos colexios. Pero insisten en que os centros educativos son lugares seguros que cumpren todas as garantías sanitarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade