Cargando resultados...
Os colexios españois suman 1.900 aulas pechadas e 262.000 alumnos confinados
Case 25.000 docentes están de baixa por covid
Pilar Alegría recoñece que os casos están subindo tamén nas escolas
G24.gal
21/01/2022 17:53
Máis de 1.900 aulas están confinadas e hai preto de 25.000 docentes de baixa en toda España, o que supón algo máis do catro por cento.
A ministra de Educación e Formación Profesional engadiu que o número de estudantes illados supera os 262.000. Pilar Alegría recoñeceu que os casos están medrando tamén nas escolas.