Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os chats de Rubiales tras aprazar o Deportivo-Fuenlabrada: "Adulteramos a competición"

Os chats de Rubiales tras aprazar o Deportivo-Fuenlabrada: "Adulteramos a competición"

Estas reflexións figuran nas conversacións de WhatsApp que Rubiales mantivo co seu secretario xeral, Andreu Camps, ás que tivo acceso 'El Confidencial'

G24.gal 16/05/2022 17:40 Última actualización 16/05/2022 17:51

Segundo 'El Confidencial', o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luís Rubiales, e os seus colaboradores recoñeceron internamente no verán de 2020 que adulteraran a competición ligueira en Segunda División tras impedir ao Deportivo da Coruña xogar o partido decisivo do campionato ao mesmo tempo que os seus rivais para lograr a salvación e evitar o descenso.

O motivo foi o gromo de covid no persoal do Fuenlabrada, o equipo que se enfrontaba aos galegos.

“Temos un marrón. Adulteramos a competición. Hai que asumilo”. “Si. Van vir demandas”.

Estas reflexións figuran nas conversacións de WhatsApp que Rubiales mantivo co seu secretario xeral, Andreu Camps, ás que tivo acceso 'El Confidencial'. Os coruñeses acabaron descendendo nunha situación que sempre consideraron inxusta.

Preferían non ser eles quen tomase a decisión:

"Que propoñan eles e nós aceptamos, non?". "Pero que non nos afecte nas nosas competicións"

"Creo que o mellor é que recibamos unha orde de sanidade de que non se pode xogar"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade