Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os castañeiros agardan poder salvar a temporada de castaña máis adiante tras o atraso inicial

Os castañeiros agardan poder salvar a temporada de castaña máis adiante tras o atraso inicial

G24.gal 20/10/2023 21:35 Última actualización 20/10/2023 21:53

Pura e Sergio, os eternos castañeiros da rúa Real da Coruña xa están a pleno rendemento no seu posto onde venden castaña do país. Desta volta a campaña atrasouse uns quince días por mor das altas temperaturas das últimas semanas. 

Había quen botaba en falta o cheiro das castañas asadas, pois ben, os castañeiros xa iniciaron a súa temporada, pero dinnos que este ano hai menos castañas que en anos anteriores, e a que hai é de calidade inferior. 

"Entre o tempo e que os provedores nosos dicían que era mala pois estivemos esperando. Comezamos onte e dicímoslle á xente non é mo boa non leve moita, pero logo dinche malo será e bótame máis. Así que non hai queixa", explica a castañeira Pura Gómez.  

Castaña do país é tamén a que vende Laura na súa tenda. Asegura que o produto que está chegando ao mercado neste momento é escaso. "Parece ser que pola calor que houbo ultimamente e os cambios climáticos pois non foi como esperabamos e está vindo máis lento. Eu sigo tendo a esperanza de que veña bo produto, pero por agora hai que esperar un pouquiño", di Laura Ferreiro.

O mesmo pensan Sergio e Pura. Os castañeiros confían en que a temporada se poida salvar máis adiante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos