Galicia supera os 900 casos activos e aumentan as hospitalizacións
Os contaxios mantéñense á alza, rexistrándose 106 nas últimas 24 horas
Os expertos descartan volver ás restricións pero avogan por extremar as medidas preventivas

Os casos activos seguen ascendendo de forma continua e xa están por enriba dos 900. En total, hai 907 persoas con coronavirus en Galicia.
Os contaxios tamén aumentan e foron detectados 106 novos casos por probas diagnósticas.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 248 (+24)
Vigo: 126 (+7)
Ourense: 229 (+27)
Santiago: 78 (+3)
Lugo: 72 (+4)
Pontevedra: 76 (-3)
Ferrol: 78 (+1)
A ocupación hospitalaria vese afectada por este aumento e soben as persoas ingresadas en planta (+5), pero diminúen as persoas en coidados intensivos (-1). En total, hai 11 persoas na UCI e 35 en planta.
Con todo, o Sergas non notificou decesos por mor da covid, polo que o número de falecementos mantense nos 2.655.
Mapas de incidencia por concellos