Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos descartan volver ás restricións, pero avogan por extremar as medidas preventivas

Os expertos descartan volver ás restricións, pero avogan por extremar as medidas preventivas

Galicia superou hoxe a barreira dos 900 casos activos de covid

Ourense sobe a risco medio e A Coruña abandona a nova normalidade

G24.gal 11/11/2021 14:14

O risco de contaxiarse de covid aumenta en Galicia, de momento lixeiramente. 

A Coruña é a segunda provincia, despois de Ourense, en abandonar esa cor verde da nova normalidade. Nas últimas horas superou os 25 puntos de incidencia e pasa a nivel marelo. Ourense está xa en laranxa con 53 puntos.

Son as primeiras consecuencias da repunta, que mantén os expertos moi atentos á situación, aínda que, insisten, hai que dimensionar os datos.

"Alármanos un pouco ver o que está pasando en Europa, pero a situación vacinal neses países non é o mesmo que a de España. A pandemia aquí está baixo control e este incremento lento eu atribúo a gromos", explica Juan Gestal, atedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Hoxe superamos en Galicia os 900 casos activos de covid, en total. Hai agora un ano esa era a cifra DIARIA. Naquel outono de 2020 estabamos perimetrados, co comercio e os bares pechando á media tarde, e os hospitais con taxas altas de ocupación. Agora, moitísimo mellor, non cómpre recuperar restricións horarias nin de mobilidade, pero si -opinan os membros do subcomité clínico- manter ben vixentes as medidas preventivas.

"Este tipo de medidas, temos certa tendencia a relaxadas. Cada vez vemos máis xente sen máscara ou con ela por baixo no nariz e iso é como non levala", engade Pedro Rascado,  xefe da Unidade de Coidados Intensivos do CHUS e membro do subcomité clínico.

"É moi importante usar a máscara en lugares pechados e despois, manter esa especie de burbullas, para relacionarnos con persoas que sabemos que mantén unhas medidas preventivas semellantes ás nosas", di Juan Gestal. 

A medida máis importante, a vacinación. Taxas menores dun 40 % manteñen hoxe en desacougo países como Bulgaria ou Romanía.

Pero as vacinas, -insisten- non son esterilizantes: hai persoas co sistema inmune máis débil, por iso, distancia, hixiene e máscara poden evitar que a curva nos dea un novo susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade