Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hospitalaria mantense estable nas UCI, pero aumenta lixeiramente en planta

A ocupación hospitalaria mantense estable nas UCI, pero aumenta lixeiramente en planta

O Sergas notificou dous decesos por mor da covid-19

Jessica Fernández 01/04/2022 10:31

Os casos activos seguen baixando, pero lixeiramente (-253). En total, hai 18.965 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte (+72) e rexístranse 1.032, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid–19

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 3.875 (-125)

Vigo: 3.609 (+18)

Ourense: 2.099 (-54)

Santiago: 3.084 (-43)

Lugo: 2.311 (+28)

Pontevedra: 2.070 (-67)

Ferrol: 1.857 (-4)

En canto á ocupación hospitalaria, esta mantense nas UCI, pero aumenta en planta (+4). En total, hai 24 e 442 persoas ingresadas, respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid–19, que alza a cifra a 3.213 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade