Cae a presión hospitalaria en Galicia, pero aumentan os contaxios diarios
Seguen baixando as persoas con coronavirus, pero a área sanitaria de Ourense suma casos activos
O Sergas notificou o falecemento de sete persoas con covid

Os casos activos continúan baixando, pero lixeiramente (-194). En total, hai 49.182 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto ao día anterior e rexístranse 4.006 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 10.738 (-52)
Vigo: 11.834 (-327)
Ourense: 4.894 (+103)
Santiago: 8.819 (-76)
Lugo: 5.030 (-77)
Pontevedra: 5.267 (-20)
Ferrol: 2.334 (-9)
En canto á presión hospitalaria, esta segue en descenso tanto en planta (-11) como nas UCI (-1). En total, hai 682 persoas ingresadas, 635 e 47 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou o deceso de sete persoas por mor da covid–19, que alza a cifra a 3.015 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos