Galicia contén o efecto do Entroido e baixan os casos activos unha semana despois
O domingo non se actualizaron os datos da evolución da pandemia
Aumenta a ocupación hospitalaria en Galicia
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid

Os casos activos volven baixar despois duns días de continua subida, 453 menos con respecto ao sábado, xa que o Sergas xa non publica datos da evolución da pandemia nin os domingos nin os festivos. En total, hai 19.462 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén baixan con respecto a hai dous días, rexistrándose 1.037.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.097 (+24)
Vigo: 3.366 (-221)
Ourense: 2.835 (-63)
Santiago: 3.147 (-122)
Lugo: 2.347 (-59)
Pontevedra: 2.207 (-119)
Ferrol: 1.379 (+110)
A ocupación hospitalaria volve aumentar tanto nas UCI (+1) como en planta (+38). En total, hai 381 persoas ingresadas, 27 e 354 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.153 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos