Os bombeiros rescatan o corpo dun home na dársena do Porto da Coruña
O primeiro aviso recibiuno o 112 sobre ás 05:40 horas deste luns e informaban de que había un corpo na auga
A Policía Nacional, a Garda Civil e a policía portuaria investigan para esclarecer os feitos, así como a identidade do falecido
Arquivo
O primeiro aviso recibiuno o 112 sobre ás 05:40 horas deste luns e informaban de que había un corpo na auga na zona do Naútico da Coruña.
🔴 #AXEGAInforma do rescate do corpo dun home que foi localizado no mar na #Coruña.
— 112 Galicia (@112Galicia) April 6, 2026
📍 Zona da dársena do Clube Náutico.
➡️ Os @bombeiroscoruna recuperaron o corpo do falecido.
🚨 Autoridade Portuaria da Coruña, @policia, @guardiacivil e @bombeiroscoruna. pic.twitter.com/7hzhuVeuL1
Alertaron á Garda Civil, Policía Nacional, Autoridade Portuaria e aos Bombeiros da Coruña, que foron os que rescataron da auga o corpo dun home.
A Policía Nacional, a Garda Civil e a policía portuaria investigan para esclarecer os feitos, así como a identidade do falecido.