Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bombeiros evitan que arda por completo unha casa forte do século XIX no Saviñao

Os bombeiros evitan que arda por completo unha casa forte do século XIX no Saviñao

A rapidez dun veciño en dar a alarma foi a clave

A estrutura do inmoble é de madeira e hai forraxe almaceada

G24.gal 15/05/2024 13:31

A fortuna, a actuación dos bombeiros pero, sobre todo, a intuición e rapidez dun veciño evitaron que ardese por completo a antiga casa forte da Moucha, unha construción do século XIX situada na parroquia de Abuíme, no Saviñao.

Por causas que se descoñecen, a cociña da casa comezou a arder a primeira hora da mañá. José, que estaba paseando, correu dar a voz de alarma e os equipos de extinción chegaron a tempo de evitar que ardese todo.

A casa está afastada das outras vivendas. Case toda a estrutura é de madeira moi vella e no patio hai herba seca almacenada. É dicir, todos os ingredientes para que o lume prendera facilmente sen que ninguén se decatase. Por iso foi clave a rapidez. Lamentablemente, os bombeiros non puideron evitar que morreran algunhas galiñas que había na vivenda. 

Nos labores de extinción participaron os bombeiros de Chantada e Protección Civil do Saviñao. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar