Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros de Ourense denuncian chamadas falsas e amenzantes que entorpecen o servizo

Os bombeiros de Ourense denuncian chamadas falsas e amenzantes que entorpecen o servizo

Os feitos xa foron denunciados ante a Policía Nacional, que xa abriu unha investigación

Aseguran que as chamadas se veñen producindo desde o mes de febreiro, entre as 13 e as 15 horas e as 21 horas e as 3 da madrugada

De madrugada chegaron a recibir ata unha ducia de falas chamadas
G24.gal 21/04/2022 12:25

Continuas chamadas falsas e anónimas e mesmo ameazantes é o que están a recibir no parque de Bombeiros de Ourense. As chamadas con números ocultos repítense todos os días ás mesmas horas desde o mes de febreiro.  

"En principio empezaron sendo ameazantes, de que se non iamos a unha emerxencia, que se nos ía denunciar, pero acabaron sendo chamadas sen voz", explica José Ramón Sánchez Feijoo, o xefe do Servizo de Bombeiros de Ourense. 

Comprobaron que as chamadas son sempre en dúas das catro quendas de traballo e están a entorpercer o normal funcionamento do servizo de extinción municipal. 

 Aseguran que adoitan producirse entre a unha do mediodía e as tres da tarde, e entre as nove da noite e as tres da madrugada. De madrugada chegaron a recibir máis dunha ducia de falsas chamadas. 

"As chamadas nós temos que atendelas, evidentemente, porque estamos sempre pendentes delas e prodúcese cada vez que se chama, ás veces moi continuadamente, unha certa situación de estrés no parque, que xera cabreos e incomodidades. Á parte de que puideran omitir que puidera chegar unha chamada de emerxencia real estando a liña ocupada nese momento", explica o xefe do Servizo de Bombeiros de Ourense. 

Unha incomodidade para o desenvolvemento do seu labor e un estrés para os efectivos que están de garda. 

A Policía Nacional abriu xa as dilixencias para investigar quen está detrás destas chamadas falsas que están a dificultar o traballo do equipo de bombeiros do concello de Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade