Cargando resultados...
Os bombeiros da Coruña extinguen un incendio forestal en Novo Mesoiro
É o terceiro incendio na zona en apenas dúas semanas
G24.gal
24/07/2022 20:39
Os bombeiros da Coruña extinguiron esta tarde un incendio forestal que se iniciou nas inmediacións dunha fábrica de madeira, ao carón do barrio de Novo Mesoiro.
Os equipos de extinción conseguiron controlar o lume con rapidez e as lapas non chegaron a ameazar as vivendas. Aínda así, é o terceiro fogo que prende nesta zona en menos de quince días.
Os veciños denuncian que os terreos que rodean os edificios non foron rozados axeitadamente e temen que se produzan novos incendios.