Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os beneficios do ioga para a saúde das mulleres

Os beneficios do ioga para a saúde das mulleres

Celébrase o Día Internacional do Ioga

A disciplina que traballa corpo, mente e espírito e que conecta á perfección coa esencia feminina
 

Clase de ioga nun centro de Santiago
G24.gal 21/06/2024 14:37

Din as estatísticas que un 70 por cento dos practicantes de ioga a nivel mundial son mulleres. Neste centro de Santiago superan con creces ese dato.

"O 90, 95 % do alumnado son mullleres, si", apunta Ana Sanmartín, directora do Centro Energía Zen

A idade non é unha barreira.

"Vimos á clase, veño eu, a miña filla e o meu neto", comenta unha alumna

O ioga gaña adeptos e non é só unha cuestión de moda. Os beneficios son inmediatos.

"É unha práctica que a curto prazo vese, a nivel físico, emocional e mental", explica Ana Sanmartín. 

"Eu son unha persoa un pouquiño nerviosa, moi activa, e entón eu respiraba moi rápido, con moita ansiedade. Eu empecei a vir ás clases e empecei a aprender a respirar, e iso dáche unha tranquilidade, unha calma, un sosego, que de verdade que llo recomendo a todo o mundo".

"Eu, por exemplo, foi o patrón de soño, era imposible durmir unha noite enteira, e foi a partir da segunda-terceira semana", relatan dúas alumnas.

O ioga e as mulleres camiñan da man. Durante o embarazo axuda a prepapar o corpo para o momento do parto, pero tamén son contados os beneficios durante a menopausa.

"Podemos aliviar os sufocos, reducindo a súa intensidade e a súa frecuencia, axuda a mellorar a flexibilidade, a mellorar a calidade do sono, , tamén nos axuda a mellorar a circulación, que tamén é importante na etapa do embarazo, na etapa do posparto e na etapa da menopausa", indica Ana Sanmartín, directora do Centro Energía Zen.

Exercicios que se poden facer en perfecta comuñón coa natureza, pero sempre, sempre, baixo supervisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar