Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bateeiros entregan 15.000 firmas para pedir a derrogación do artigo 13 da regulación da extracción de semente de mexillón

Os bateeiros entregan 15.000 firmas para pedir a derrogación do artigo 13 da regulación da extracción de semente de mexillón

Os bateeiros pretenden que se elimine o decreto que dá competencias ás confrarías para a xestión do mexillón xa que "lles limita as zonas de traballo"

Consideran que as perspectivas son peores para o presente ano que o pasado

Concentración dos bateeiros diante da sede da Xunta de Galicia en Santiago Concentración dos bateeiros diante da sede da Xunta de Galicia en Santiago
G24.gal 11/05/2023 17:56

Máis dun centenar de representantes do sector dos bateeiros -mexilloeiros- entregaron este xoves no rexistro da Xunta 15.000 firmas para pedir a derrogación do artigo 13 do decreto da regulación da extracción de semente de mexillón nos bancos naturais.

Os representantes do sector fixeron a entrega de firmas sen incidentes, xa que en todo momento, estiveron controlados por un amplo grupo de forzas de seguridade que limitaron o acceso á sede da Xunta a un número reducido de persoas.

De feito, o presidente da federación Arousa Norte, Álex Tubío, dixo que os traballadores do mar senten que se lles está tratando “como delincuentes”.

Reunión con Alfonso Rueda

Ademais, o representante do sector explicou que máis aló da petición de eliminación da norma, tamén pediron por escrito unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun momento en que, lamentou, tampouco nada saben da Consellería do Mar, que dirixe Rosa Quintana.

Coas firmas, buscan eliminar o decreto que dá competencias ás confrarías para a xestión de mexillón, mediante “o que se nos limitan as zonas de traballo” e que provocou un ano “moi complicado” e mesmo con “risco” para os profesionais que para obter mexillón debían traballar en zonas moi concentradas.

“Houbo riscos para a vida porque a xente amontoouse nas zonas que había con mal tempo", explicou Tubío. Ademais, insistiu en que as perspectivas aínda son peores en tanto que o 2023 "vai ser un ano de moi pouquiña produción". Neste sentido, insistiu en que como a Xunta non dea marcha atrás e a norma “non se reverta, toda a cadea” caerá, prexudicando as miles de familias que viven deste sector.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar