Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE non se opón ao cumio de Santiago sobre financiamento autonómico

O PSOE non se opón ao cumio de Santiago sobre financiamento autonómico

O partido non se opón ao cumio de comunidades despoboadas e pide abordar a reforma do sistema sen partidismos

Antón Montero 05/11/2021 20:27

O PSOE reuniu hoxe aos seus presidentes autonómicos para falaren do futuro sistema de financiamento. Acudiron os nove presidentes autonómicos do Partido Socialista, as ministras de Facenda e Politica Territorial e a número dous do PSOE.

De fondo estaba o malestar na dirección polo cumio do día 23 en Santiago con outras comunidades doutras cores políticas.

O presidente manchego ironizou con que "hai veces que chamamos fronte a unha reunión duns presidentes do PP e do PSOE e outras veces chamámolo diálogo se a reunión é con independentistas, pero é o mesmo castelán",

Finalmente, Ferraz non so non lles pediu que non acudisen, senón que no comunicado final o PSOE avoga pola necesidade de deixar o futuro modelo á marxe da confrontación partidista. O valenciano Ximo Puig cre que "este debate non se pode encarar desde o frontismo".

O sistema de financiamento leva 7 anos caducado. Na súa renovación, as opinións teñen máis que ver coas necesidades de cada territorio que coas cores dos seus gobernos.

Así, Valencia pide que se prime o criterio poboacional, Baleares quere que se teñan en conta as oscilacións demográficas nas comunidades turísticas, e as máis despoboadas queren unha prima extra que cubra os sobrecustes de prestar certos servizos.

Como explicou o asturiano Adrián Barbón, "non ten o mesmo custo ter escolas rurais de catro alumnos como eu teño en Asturias pola dispersión da poboación ou polo avellentamento da poboación".

Todos coinciden en que, sexa cal sexa o novo modelo, debe garantir a igualdade de acceso aos servizos públicos de todos residan onde residan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade