Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comunidades do PP rexeitan reunións bilaterais co Goberno sobre financiamento

Comunidades do PP rexeitan reunións bilaterais co Goberno sobre financiamento

Consideran que o Consello de Política Fiscal e Financeira debe ser o foro e non encontros deste tipo

O ministro de Facenda anunciou este luns a súa intención de iniciar reunións bilaterais de xeito inmediato con todas as autonomías

O último Consello de Política Fiscal e Financeira celebrouse en xaneiro. Europa Press.
G24.gal 02/06/2026 16:08

Os executivos rexionais de Andalucía, Murcia, A Rioxa, Aragón e Castela e León, todos do PP, xeitaron na mañá deste martes a proposta de reunións bilaterais para falar do novo sistema de financiamento que fixo o ministro de Facenda, Arcadi España.

O Goberno do socialista Emiliano García-Page en Castela-A Mancha, pola contra, acolleu positivamente a proposta de Arcadi España, ideada para avanzar nun novo modelo de financiamento autonómico.

As outras autonomías citadas consideran que o Consello de Política Fiscal e Financeira debe ser o foro e non encontros deste tipo. Así, o Goberno andaluz respondeu este martes que non acudirá a ningún encontro "bilateral" para negociar un novo sistema. 

A portavoz do Goberno de Murcia, Marisa López, subliñou que a posición non cambiou e que Murcia, "a comunidade peor financiada do sistema actual", defende unha reforma do modelo de financiamento autonómico, pero nun marco multilateral.

Na mesma liña respondeu o portavoz do Goberno da Rioxa, Alfonso Domínguez, quen dixo que "o que é de todos debe negociarse nos órganos nos que están representados todos e cada un dos españois". O conselleiro de Facenda do Goberno de Aragón, Roberto Bermúdez de Castro, considerou que é "imposible" que saia adiante o sistema de financiamento autonómico que baralla o Executivo central

Tamén o presidente da Junta de Castela e León en funcións, Alfonso Fernández Mañueco, rexeitou a reunión bilateral xa que entende que se debe negociar "entre todos".

O Ministerio de Facenda anunciou este luns a súa intención de iniciar reunións bilaterais de xeito inmediato con todas as Comunidades Autónomas para abordar a reforma do financiamento autonómico, e informou de que remitiu a todas as consellerías de Facenda das autonomías de réxime común e de Ceuta e Melilla unha carta para concertar datas.

O ministro de Facenda, Arcadi España, mantén o compromiso de convocar proximamente un Consello de Política Fiscal e Financeira, que sería o paso previo á aprobación por parte do Consello de Ministros da reforma do sistema de financiamento autonómico e o inicio do trámite parlamentario co obxectivo de que se aprobe antes de finalizar o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade