Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os avogados da quenda de oficio queren reunirse co conselleiro de Xustiza para expoñerlle as súas reclamacións

Os avogados da quenda de oficio queren reunirse co conselleiro de Xustiza para expoñerlle as súas reclamacións

Levan case medio ano en folga en demanda de melloras retributivas e laborais 

G24.gal 05/05/2024 13:10

Os avogados da quenda de oficio queren reunirse co conselleiro de Xustiza para expoñerlle as súas reivindicacións, agora que se están a negociar as cantidades que se lles aboarán a estes profesionais de cara ao ano vindeiro.

"Necesitamos que nos paguen unhas cantidades que permitan manter o servizo, que non impliquen que teñamos que poñer do noso peto e que coticen por nós, que teñamos dereito a baixas laborais, dereito a conciliación, como calquera outro traballador".

Levan case medio ano en folga para reivindicar a mellora das súas condicións laborais, nun momento en que teñen máis traballo cá nunca. Calculan que un de cada tres procedementos son de xustiza gratuíta. En Lalín e na Estrada chegaron a dimitir todos en conxunto.
 

"E danse situacións perigosas como que un avogado que traballaba como administrado de fincas, levando comunidades de veciños, tivo que acudir a comisaría para atender a un detido por un caso penal".

Pola asistencia a un detido cobran 130 euros; por un preito civil, que pode levar meses, reciben 384, e os procedementos penais non superan os 534 euros no caso dun xuízo con xurado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade