Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ascensores e escaleiras da intermodal de Santiago, recoñecidos como referencia arquitectónica

Os ascensores e escaleiras da intermodal de Santiago, recoñecidos como referencia arquitectónica

O proxecto desenvolvido por TK Elevator faise co premio deste ano na categoría de nova construción

G24.gal 21/04/2026 15:05

Son algo máis que simples ascensores e escaleiras. Trátase dun conxunto de elementos de mobilidade que se converteron nunha peza clave da estación intermodal.

"Paréceme unha gran mellora esta remodelación", di un viaxeiro. 

Están deseñados para conectar plataformas, a entrada principal e as áreas de servizo, totalmente integrados na arquitectura como un elemento máis.

"Que Galicia leve un premio a nivel mundial é fantástico", opina unha usuaria.

A empresa incorporou a tecnoloxía máis avanzada para garantir un control intelixente. E cos elementos de seguridade e eficiencia enerxética como referencia.

"Este premio dará moita visibilidade", di unha usuaria.

Este premio internacional vén consolidar a intermodal de Santiago como un referente na modernización do transporte en España. Un espazo público integrado na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade