Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os artistas emerxentes reúnense no Gaiás para intercambiar experiencias

Os artistas emerxentes reúnense no Gaiás para intercambiar experiencias

Este Encontro de Artistas Novos lévase celebrando 12 anos

G24.gal 29/08/2022 17:12

Por duodécimo ano consecutivo, o Gaiás convértese estes días nun espazo de encontro dos artistas emerxentes.

Son 40 artistas emerxentes, a maioría menores de 35 anos e a metade deles galegos. E todos acoden a esta cita do Gaiás cun espírito de encontro e intercambio.

Hai moito sobre o que teñen que reflexionar estes novos creadores, entre outras cousas sobre a relación coa sociedade e o papel que eles poden xogar.

Son xa 12 anos os que fai este Encontro de Artistas Novos que naceu e creceu coa Cidade da Cultura. Máis de 700 creadores presentaron neste tempo os seus proxectos, consolidándose este encontro como unha plataforma de divulgación da nova escena artística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade