Cargando resultados...
Os afectados pola ampliación de Navia, en Vigo, non están de acordo coas expropiacións
Pensan que as súas propiedades foron inxustamente valoradas
G24.gal
29/11/2021 14:01
A zona situada na parte traseira do colexio Amor de Dios en Vigo é un deses redutos rurais que se resiste ao desenvolvemento urbano, pero por pouco tempo. Son os terreos previstos para a ampliación do polígono de San Paio de Navia, que coloca estes veciños nun camiño con dúas saídas.
Ningunha solución os convence. Quedar nas súas casas tradúcese en limitacións a curto prazo. Os veciños denuncian que no caso das expropiacións non van ser xustas.
Os veciños están divididos e, mentres as obras non chegan, cada quen busca a que considera a solución menos mala para o seu futuro.