Cargando resultados...
Os aeroportos españois recuperan a actividade doutros tempos
Esta Semana Santa hai programados case 60.000 voos
Este sábado rexistrarase o maior número de operacións
G24.gal
09/04/2022 16:02
Entre o venres pasado e o luns 18 de abril están programados case 60.000 voos nos distintos aeroportos españois, o triplo ca en 2021. A cifra está preto da rexistrada no ano 2019, antes do inicio da pandemia.
Nesta primeira Semana Santa sen restricións despois de dous anos, os voos internacionais van superar os nacionais, algo que non sucedeu o ano pasado. Este sábado rexistrarase o maior número de operacións aéreas.
A terminal de Santiago recuperou a actividade doutros tempos e viviu, dende primeira hora, un movemento de persoas inusual nos últimos períodos vacacionais.