Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os actores de dobraxe piden protección fronte ao uso de voces creadas por IA

Os actores de dobraxe piden protección fronte ao uso de voces creadas por IA

Estes actores piden que se protexa o seu traballo para dobrar contidos nas redes sociais e mesmo xa nalgunhas producións audiovisuais

Denuncian que hai casos en que a tecnoloxía fai uso das súas voces sen consentimento

G24.gal 16/11/2025 14:23 Última actualización 16/11/2025 14:45

O traballo dos actores de dobraxe permítenos gozar na nosa lingua das interpretacións en series e películas gravadas noutros idiomas. Darlles voz ás personaxes implica unha formación previa moi completa.

"E bastante recomendable que fagas cursos de formación vocal, de canto, e despois de interpretación e tamén están os cursos de dobraxe. Tes que te pegar moito á personaxe, ir coas súas intencións, coa súa mirada, a forma de moverse. Logo xa na animación non tes esas referencias, pero tamén tes que buscar unha voz vinculada ao código da animación." Explica o actor de dobraxe Antuán Rivas.

Os profesionais están a denunciar que nos últimos tempos créanse contidos con locucións xeradas por intelixencia artificial, sobre todo nas redes sociais, pero tamén nalgunhas producións audiovisuais.

"As empresas buscan maximizar beneficios, sabemos que se están a adestrar intelixencias artificiais. Hai moitas empresas de IA que lles están ofrecendo seus servizos a plataformas de 'streaming'. E sabemos de feito que algunhas plataformas xa estrearon contidos dobrados por intelixencia artificial." Asegura Rivas.

Mesmo están a detectar que as IA clonan voces coñecidas da interpretación sen o consentimento dos actores. Por iso piden un regulamento que protexa os seus dereitos fronte a estas apropiacións. Porque, por moito que avance a tecnoloxía, as voces sintéticas no van superar algúns dos momentos míticos que nos deixaron os profesionais da dobraxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade