Cargando resultados...
Orde de afastamento para un mozo acusado de violar unha menor en Lalín
A vítima dos feitos, de 16 anos, denunciou a agresión que sufriu hai quince días
G24.gal
09/04/2022 21:22
Un mozo de 18 anos pasou este sábado a disposición xudicial en Lalín acusado de violar unha menor hai quince días. A vítima, de 16 anos, presentou unha denuncia na Garda Civil, que practicou esta detención.
O presunto autor da violación da menor en Lalín prestou declaración este sábado neste xulgado de garda, e despois de testificar quedou en liberdade con cargos.
O xulgado ditou ademais unha orde de afastamento que lle prohibe achegarse á vítima a menos de 200 metros e tamén comunicarse con ela.
A investigación do caso correu a cargo do equipo da Policía Xudicial da Garda Civil.