Publicador de contidos

Publicador de contidos

Optimismo no sector turístico de cara ao outono

Optimismo no sector turístico de cara ao outono

Reactívase para o outono o turismo de congresos

Setembro e outubro continúan con índices de ocupación hostaleira por riba do 60 %

Clientes na recepción dun hotel
G24.gal 19/09/2022 15:19 Última actualización 19/09/2022 15:43

 "Agora mesmo en outubro estamos neste hotel arredor dun 60, 65, é dicir que poderiamos chegar ao mellor a un 70  ou 80 e setembro estamos aproximadamente nun 85, 86 %", informa Lalo Crespo, director do hotel Oca Puerta del Camino.

Setembro é un mes que cada vez gaña máis adeptos para viaxar.

"É o mes que nos encanta"

 "Moitas menos aglomeracións e está todo aberto igual que no verán"

"Pouco a pouco e así repartimos igual que nas Canarias, que tamén temos turismo de inverno e de verán, ou sexa que eu perfecto, Galicia é a miña segunda terra", comentan varios turistas


O sector turístico respira aliviado. Setembro está a ser mellor do que agardaban.

"Tiñamos unhas poucas dúbidas sobre todo despois do verán a ver como ía vir setembro e outubro e ben, o tema de segmento de congresos está reactivándose e as perspectivas son bastante boas", apunta Lalo Crespo.

 "Sobre todo porque xa hai moito cliente de empresas, tamén se notan os congresos que vai haber na cidade pero si que é certo que despois a partir de novembro, decembro hai moita máis incerteza e aí si que xa non nos atrevemos a dar un bo prognóstico", continúa Xosé Ramón Franco, responsable de Alda Hotels en Santiago.

A inflación provoca inseguridade. Nótase nas reservas que se fan a última hora.

"O que está claro é que estamos indo practicamente a moi curto prazo, mes a mes, ou semana a semana case", remata Lalo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade