Publicador de contidos

Publicador de contidos

Onésimo: “Non hai polémica, o que manda sempre é o primeiro equipo”

Onésimo: “Non hai polémica, o que manda sempre é o primeiro equipo”

A Primeira RFEF: unha categoría moi difícil na que non ve claro favorito

G24.gal 01/03/2022 15:04

Pasou por Zona mixta Onésimo Sánchez, adestrador do filial celeste para falarnos do primeiro equipo, do Celta B e a difícil categoría coa boa serie do equipo e tamén do labor do adestrador nun equipo co obxectivo de conseguir madurar xogadores para o club.

Celebrar en malos tempos

"O Entroido é unha época especial para min, eu xoguei no Cádiz. O mellor na vida é celebrar, porque pode ser que logo non teñamos tempo. O Celta B está en un moi bo momento. Tal como se presentaba o ano na categoría, de momento, as perspectivas fannos ser optimistas".

"O que fas en febreiro ou marzo, non vale para abril. O club ten claro o que quere. Este ano tiñamos claro que era para seguir crecendo e quedar na categoría. Estámolo conseguindo. Como nunca pedimos máis, tampouco renunciamos a nada".

O labor formativo como adestrador

"Facer os meus xogadores mellores de cando os colliches, xa me daría satisfacción como adestrador. Ás veces levas decepcións, pero como me encanta adestrar día a día, estou moi contento. O do Estremadura é unha mágoa para os profesionais do fútbol e non gusta".

Sen claros favoritos para o ascenso

"O Rácing de Santander e Deportivo si teñen moito potencial, pero os dous de Logroño, o Unionistas... hai moi bos equipos. Ata os filiais que non están ben... iso dá mérito ao que facemos. Pero 2-3 semanas malas ou boas cámbiano todo. Hai moita igualdade".

"O Celta B está moi por riba das expectativas. En Riazor o Dépor superounos claramente, pero nós fomos crecendo, e estamos en moi bo momento e somos competitivos. Ademais estamos xogando ben. Pero non pensamos aínda nese partido, aínda hai outro en casa antes".

Sen polémicas co primeiro equipo

"A polivalencia de Gabri Veiga é moi importante, ao igual que tamén cómpre ser especialista. Estou moi contento con el e co seu rendemento. Non entendo a polémica entre primeiro equipo e filial. O Celta está por riba de todo e elixe, nós imos detrás cos xuvenís tamén".

"Unha vez que o primeiro equipo cobre as súas necesidades, cando non utilizamos xogadores dous días antes baixan ao seu equipo. O protocolo está moi claro. Non sei onde está a polémica. Non ten sentido adestrar uns días cun equipo, outros con outro e xogar con outro".

"Non traballamos con paquetes, traballamos con persoas. Se adestran co primeiro equipo e non xogan, baixan con nós. E non hai ningún problema. Pasou con Gabri e Miguel. Os rapaces teñen que demostrar no campo que son os mellores, e logo xogan onde xogan consonte a iso".

"Estamos nun proceso como club moi bonito e vexo a xente que non desfruta del. Igual cando veñan mal dadas, danse conta. Estamos nun momento álxido, a afección está niso. Sempre hai xente que quere máis, pero hai que gozar do camiño, o que vén despois pode non ser tan bo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade