Publicador de contidos

Publicador de contidos

Once concellos galegos da montaña retan o Museo Británico

Once concellos galegos da montaña retan o Museo Británico

Súmanse a unha iniciativa estatal para promover 280 municipios montañeses

Xuntos deberán superar os 340.000 visitantes que a galería londiniense recibiu nun mes

Félix Aragunde 18/12/2023 20:20 Última actualización 18/12/2023 20:40

Cinco concellos lucenses, entre os que se encontra este de Pedrafita, e mais outros seis ourensáns veñen de sumarse a un reto que ten como fin promover os municipios da montaña. A iniciativa consiste en tratar de conseguir, ao longo dun mes, mais visitantes que o Museo Británico.

En total, son 280 os concellos montañeses que participan neste reto en todo o ámbito estatal. Xuntos, deberán superar os 340.000 visitantes que a galería londiniense recibiu entre o 11 de decembro do ano pasado e o 11 de xaneiro deste mesmo ano.

José Luis Raposo, Alcalde de Pedrafita: "É unha asociación que está promovendo os concellos a nivel turístico e dando a coñecer os municipios de montaña. É algo que necesitamos moito, porque cada vez temos menos poboación".

De non o lograren, daquela os municipios de montaña ofrécense a se converter, de forma simbólica, en pezas do terceiro museo máis visitado do mundo. Malia o complicado que poida parecer o reto, os concellos participantes confían en superalo con éxito.

José Manuel López, comerciante do Cebreiro: "Depende moito da neve. Se cadra un día de neve polo Nadal e se conserva coa xeada e hai sol, vén moitísima xente". 

José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita: "Esperamos conseguilo. Malo será que nun mes non neve. E se neva aquí, os visitantes veñen en moita cantidade".

Ademais de Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Cervantes e A Pastoriza son os outros concellos da montaña lucense que retan o Museo Británico. E pola parte de Ourense, fano Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, o Bolo, Piñor e Entrimo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade