Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ómicron multiplica por cinco as reinfeccións por covid

Ómicron multiplica por cinco as reinfeccións por covid

Das preto de 65.000 notificadas en España, case o 80 por cento rexistráronse dende finais de novembro, cando apareceu esta variante

A enfermidade cursa, na maior parte dos casos, de xeito máis leve

G24.gal 18/01/2022 14:34

Ana María contaxiouse de covid por primeira vez en outubro de 2020. Soubo que era positiva nun cribado: "O último día do confinamento tiven que ingresar porque quedaba sen respiración. Estiven 7 meses de baixa e a consecuencia de todo iso tiven ansiedade. Non quería saír á rúa nin nada".

Coas secuelas aínda sen curar o pasado 22 de decembro daba novamente positivo: "Eu tiña frío e carraspeira, fixen o test de antíxenos e positivo. Chorei. Dixen non pode ser, outra vez".

Como Ana María hai preto de 65.000 persoas en España que se reinfectaron de covid, o 80 por cento dos casos rexistráronse no último mes e medio dende a aparición da variante ómicron.

"Ten unha mutación na proteína S que a fai con maior capacidade de infectar e de transmisión", explica María Bustillo, médica da Unidade de Enfermidades Infecciosas do CHUO".

Na maior parte das reinfeccións a enfermidade adoita cursar de xeito máis leve, como lle aconteceu a Ana María. "Os que pasaron o coronavirus ou están vacinados teñen inmunidade. Iso dalgunha maneira si que nos protexe de ter a enfermidade máis leve", salienta Bustillo. 

Así e todo en determinados casos a enfermidade pode complicarse, por iso, insisten en que o importante é seguir protexéndonos para evitar os contaxios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade