Olga Carmona sabe do falecemento do seu pai horas despois de marcar na final do Mundial
O triste nova aconteceu na madrugada do venres ao sábado, pero non lla comunicaron ata rematar o partido

O pai de Olga Carmona, a xogadora da selección española de fútbol que marcou o gol na final diante de Inglatera, faleceu antes da final do Mundial, segundo informou a Federación Española a través dun comunicado oficial. A morte aconteceu na madrugada do venres ao sábado, pero tomaron a decisión de non dicirllo ata despois da final.
"A RFEF lamenta comunicar o falecemento do pai de Olga Carmona. A xogadora coñeceu a triste noticia unha vez rematou a final da Copa do Mundo", afirmou no comunicado a entidade presidida por Luís Rubiales.
Carmona foi unha das xogadoras máis importantes de España neste Mundial e pasará á historia por marcar os goles da vitoria na semifinal contra Suecia e na final diante do equipo inglés.