Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ojea cre que a imputación do alcalde de Ourense quedará en nada

Ojea cre que a imputación do alcalde de Ourense quedará en nada

O deputado de DO critica a falta de investimentos en Ourense tras a vaga de incendios:  "Se a catastrofe tivese lugar na Coruña ou Pontevedra os orzamentos de 2026 estarían máis nesgados"

O deputado de Democracia Ourensana, Armando Ojea, este martes nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 19/05/2026 09:06

Tranquilidade en Democracia Ourensana tras a imputación do alcalde de Ourense un ano antes das eleccións municipais. O rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, está sendo investigado por un presunto delito continuado de prevaricación por compaxinar o seu cargo cos ingresos que percibe da súa televisión privada sen ter pedida a compatibilidade. Enfróntanse a unha pena de 9 anos de inhabilitación.

Nunha entrevista no Bos días da TVG, o deputado de Democracia Ourensana, Armando Ojea, pide que se deixe actuar a xustiza. Con todo, afirma, "a miña impresión persoal é que, como pasou outras veces, todos eses ríos de tinta acabarán en nada".

O deputado de Democracia Ourensana insiste en que a provincia de Ourense "leva décadas discriminada" polos sucesivos Gobernos da Xunta. Pon como exemplo o acontecido tras a vaga de incendios do pasado verán.

Segundo dixo, "a Xunta non tomou as medidas suficientes para reverter a situacion nin para prever o que poda pasar no próximo verán. Ao seu xuízo, "se esa catástrofe tivera lugar na Coruña ou Pontevedra os orzamentos de 2026 estarían máis nesgados, con investimentos destinados a neutralizar os efectos do lume".

Ojea considera un "argumento falaz" a resposta da Xunta, asegurando que o investimento per cápita na provincia aumenta, xa que as causas hai que buscalas no aumento da despoboación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade