Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito de cada dez españois cren que non teñen coñecementos sobre finanzas persoais

Oito de cada dez españois cren que non teñen coñecementos sobre finanzas persoais

Piden máis formación desde a etapa escolar no Día da Educación Financeira

G24.gal 06/10/2025 14:45

Aforro, investimento, créditos. Sabemos como xestionar as nosas finanzas? "Educación financeira?. Ningunha", asegura un cidadán. 

Unha educación que debe comezar nas primeiras etapas formativas. "As nóminas, o IRPF, os convenios colectivos. Conceptos dos que ata o de agora non tiña idea", explica un alumno de FP.

Os expertos falan da importancia da educación financeira ante os novos modelos de consumo que requiren dunha maior preparación. "Facturas, albarás, contratos. Axudamos a que tomen conciencia", di Víctor Marín, experto en Educación Financeira.

A influencia das redes sociais e a facilidade das compras en liña provocan que máis da metade dos mozos gasten máis do que poden permitirse.

"A maior parte dos mozos mercan por Internet. Usan a tarxeta e é importante que estes pasos os dean con seguridade", explica Begoña García, coordinadora de Emprendemento do IES Urbano Lugrís.

Educación financeira para manexar desde os cartos en efectivo ata as novas posibilidades do espazo dixital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade