Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oesía, multinacional que participa na construción do Eurodron, abre sede en Nigrán

Oesía, multinacional que participa na construción do Eurodron, abre sede en Nigrán

O presidente da Xunta destaca a aposta de Galicia polo sector aeroespacial

G24.gal 13/12/2023 14:42

A multinacional tecnolóxica española Oesía, que participa na construción do dron militar europeo, acaba de abrir sede no concello pontevedrés de Nigrán. Na inauguración da empresa este mércores, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a aposta de Galicia polo sector aeroespacial.

Nas novas instalacións de Oesía en Nigrán Oesía traballarán 40 persoas no proxecto do Eurodron, o dron militar do futuro que deseñan España, Alemaña, Francia e Italia. A multinacional leva 45 anos en Galicia, exportando tecnoloxía con selo galego a máis de 40 países.

"Cremos que España é un actor fundamental no Eurodron do futuro e Galicia vai ser un elemento vertebrador disto. O ecosistema universitario e empresarial galegos axúdanos e anímanos a pensar que escollemos ben", afirmou Luis Fornells, presidente executivo do Grupo Oesía.

O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, dixo que a Xunta vai apostar polo I+D+i do sector aeroespacial para conseguir que Galicia sexa un "referente" neste eido, e explicou que para conseguilo crearán un "entorno cómodo, con estabilidade laboral", ademais de impulsar a colaboración público-privada para desenvolver novos proxectos na tecnoloxía do futuro.

Oesía emprega máis 500 persoas en Galicia e ten previsto investir na nosa comunidade máis de 50 millóns de euros nos próximos cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar