Obradoiro e Breogán afrontan coa obriga de gañar a quinta xornada da ACB
Os santiagueses visitan o sábado a pista de Andorra
O Breogán recibe o domingo a Valencia Básket, que xoga este venres na Euroliga
Na Liga ACB de baloncesto xoga este sábado o Monbus Obradoiro en Andorra. Moncho Fernández aínda festexa o excelente partido de Fernando Zurbriggen co Zaragoza. Catorce puntos e unha dirección maxistral.
O Obradoiro continúa cun ritmo moi alto de partidos e o adestrador precisa a todas as pezas en forma.
E antes de comezar a competición europea, o Río Breogán recibe o domingo o Valencia. No adestramento do venres incorporouse o base norteamericano Frankamp pero só disporá de dous adestramentos para adaptarse.
Mrsic confía en estar á altura dun rival que xoga en Euroliga. Quere que o equipo manteña o nivel de baloncesto demostrado nos últimos tres partidos. Un equipo breoganista marcado por un inicio de temporada desolador, con xogadores lesionados e con xogadores que marcharon.