Cargando resultados...
O Yess domina a subida ao Carrumeiro Chico
Comezou a regata Trofeo Conde de Gondomar no Montereal Club de Iates de Baiona
G24.gal
23/07/2022 13:45
A regata Trofeo Conde de Gondomar, organizada polo Montereal Club de Iates de Baiona, é unha das referencias do verán en Galicia e leva disputándose dende 1976 sen interrupción. Corenta barcos comezaron a regata coa tradicional subida ao Carrumeiro Chico, en Corcubión, e volta a Baiona. Proba que dominou o Yess, de Rui Ramada, primeiro en tempo real e tamén lider en Open tras a compensación de tempos. Na clase ORC o triunfador foi o Aceites Abril dos irmáns Pérez Canal.