Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuvenil David Mella, no primeiro adestramento de Rubén de la Barrera

O xuvenil David Mella, no primeiro adestramento de Rubén de la Barrera

Lucas Pérez e Alberto Quiles, coa máscara, traballaron co balón

G24.gal 17/05/2023 18:14 Última actualización 17/05/2023 18:47

Rubén de la Barrera inicia a súa segunda etapa no Deportivo facendo xa unha chiscadela á canteira. E faino cun nome propio, o de David Mella. O futbolista do Fabril (xuvenil de segundo ano) será un dos xogadores que traballaron esta tarde ás ordes do adestrador coruñés.

Coñece ben á canteira e, a pesar da urxencia coa que vén, quere deixar claro desde o minuto 1 que calquera xogador branquiazul ten aberta a porta do primeiro equipo.

Na súa anterior etapa como deportivista, apostou por Rayco e Villares, dándolles dorsal do primeiro equipo e poñéndoos a xogar; concedeu minutos a un case inédito Adri Castro, a Gandoy e a Valín; e fixo debutar a Iván Guerrero. Tamén chamou para completar convocatorias a Hugo Padín, Jairo, Yeremay, Sanmartín, Boedo, Dani Barcia, Guille Bueno e Juan Rodríguez.

Para este regreso, contará con Barcia e Diego, que xa se estaban exercitando ás ordes de Óscar Cano, e engade a Mella, que podería mesmo entrar na convocatoria para o próximo partido. De la Barrera terá agora algo máis de dúas semanas para que o equipo chegue con serias opcións de ascenso á fase decisiva.

Lucas Pérez e Alberto Quiles, coa máscara, traballaron co balón.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade