Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Sandamil, culpable de asasinar a súa filla Desirée con plena consciencia dos seus actos

Ana Sandamil, culpable de asasinar a súa filla Desirée con plena consciencia dos seus actos

O xurado popular conclúe que a acusada tiña "clara vontade" de asasinar a nena

Ana Sandamil durante o xuízo
G24.gal 07/03/2023 18:41 Última actualización 07/03/2023 21:07

Ana Sandamil entrou na Audiencia de Lugo entre apupos e insultos para escoitar o veredicto do xurado. Foi o mesmo ca o que anularon os tribunais por falta de motivación. Neste segundo xuízo, o xurado popular volveuna atopar culpable de asasinar a súa filla Desirée, de sete anos.

"Polo menos, un pouquiño de alivio de que ese monstro, esa asasina, sexa apartada do resto da sociedade", declaraba o pai da vítima tras escoitar o veredicto.

O xurado só recoñece a enfermidade mental que padece Sandamil como unha afectación parcial. Considera que tiña a vontade de matar a nena e que o fixo con consciencia plena para comprender os seus actos. 

As acusacións están satisfeitas e ven o veredicto ben motivado. Aseguran que confirma o que defenderon desde o principio, que Sandamil non tiña ningún tipo de delirio respecto á filla e que estaba perfectamente ben o día do crime.

"De feito, nesta ocasión xa non lle recoñecen ningún tipo de atenuante, din que actuou en pleno uso das súas facultades e fixeron un enorme esforzo para motivar, para que non volva pasar o da outra vez", apuntaba o avogado da acusación Manuel Ferreiro.

"Toda a proba que se practicou era que esta señora se atopaba perfectamente consciente do que fixo e así o asumiu o xurado, e estamos totalmente satisfeitos co veredicto", sinalou a avogada da Fundación Amigos de Galicia  Beatriz Pardo.

Agora só queda esperar a sentenza. A defensa confiaba en que a afectación parcial permitira o ingreso de Sandamil nun centro penitenciario psiquiátrico. Fiscalía e acusacións manteñen que debe ser condenada a prisión permanente revisable, a pena máxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade