Publicador de contidos

Publicador de contidos

A defensa de Sandamil recorrerá ante o Supremo contra a condena de prisión permanente revisable

A defensa de Sandamil recorrerá ante o Supremo contra a condena de prisión permanente revisable

A defensa alega que non era consciente dos seus actos cando matou a súa filla

G24.gal 05/09/2023 12:37

A defensa de Ana Sandamil vai recorrer ante o Tribunal Supremo contra a condena a prisión permanente revisable que lle foi imposta polo asasinato da súa filla Desirée. O avogado de Sandamil di que pensan chegar ata o final. Defende que a condenada non era consciente dos seus actos cando cometeu o crime, en maio de 2019 en Muimenta (Cospeito).

Este recurso preséntase despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmase a condena a prisión permanente revisable imposta pola Audiencia Provincial de Lugo tras desestimar o recurso de apelación presentado pola procesada contra esta sentenza, que se ditou de acordo co veredicto de culpabilidade do xurado popular.

Na sentenza, a Audiencia concluíu que a muller actuara esa noite coa finalidade de acabar coa vida da súa filla administrándolle un fármaco con efectos sedantes mentres durmían xuntas na mesma cama; posteriormente, asfixiouna "coas súas propias mans" e con algún dos obxectos que se localizaron no cuarto con restos biolóxicos tanto da nai como da nena.

Segundo a sentenza, un dos feitos que puideron influír no crime foi que Sandamil era "coñecedora da intención do pai de modificar e incrementar legalmente o réxime de visitas, co fin de que puidesen pasar máis tempo xuntos".

"Resulta innegable que deu morte á súa filla actuando con aleivosía, e iso implica a comisión dun delito de asasinato coa agravante de parentesco", indican os maxistrados do TSXG, á vez que recalcan que "as posibilidades defensivas da menor eran inexistentes".

En canto a una das partes centrais do caso, a determinación de se as súas facultades estaban afectadas, o TSXG destaca que o tribunal do xurado fundamentou a súa conclusión "nas probas forenses e de criminalística".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade