Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuíz Peinado insiste en que un xurado popular asuma o caso de Begoña Gómez e cítaa o 1 de abril

O xuíz Peinado insiste en que un xurado popular asuma o caso de Begoña Gómez e cítaa o 1 de abril

O maxistrado tamén cita a asesora Cristina Álvarez e o empresario Juan Carlos Barrabés

Peinado reitera a súa petición despois de que a Audiencia de Madrid considerase que non había "indicios concluíntes e consistentes" para que un tribunal popular xulgase este caso 

Eduardo Parra/Europa Press Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 20/03/2026 15:23

O xuíz Juan Carlos Peinado ditou un novo auto insistindo en que un xurado popular xulgue o caso de Begoña Gómez, a muller do presidente do Goberno.

No documento, ao que tivo acceso EFE, o maxistrado acumula todo o procedemento nunha soa causa e cita aos tres investigados, Begoña Gómez, a súa asesora Cristina Álvarez e o empresario Juan Carlos Barrabés, o vindeiro 1 de abril para comunicarlles que a causa se enviará a un tribunal de xurado.

Os delitos de malversación e tráfico de influencias son competencia do tribunal de xurado, segundo Peinado  

O maxistrado propón un só xuízo con xurado por delitos de tráfico de influencias, corrupción nos negocios, intrusismo, apropiación indebida e malversación de fondos públicos.

Peinado insiste en que un xurado popular xulgue este caso despois de que a Audiencia de Madrid revogara a súa decisión anterior e concluíra que a adoptara sen reunir "indicios concluíntes e consistentes" para facelo.

Agora, nun auto de 46 páxinas, o xuíz insiste en que o obxecto do auto "non é anticipar un hipotético auto de apertura de xuízo oral, ou de sobresemento, senón o de verificar a verosimilitude dos feitos" referidos aos delitos de malversación de fondos públicos e de tráfico de influencias, que son competencia do tribunal de xurado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade