O xuíz deixa no aire se lle retira o pasaporte a Begoña Gómez
Peinado tomará unha decisión sobre as medidas cautelares nas próximas horas
Begoña Gómez accedía aos xulgados en coche pasadas as seis da tarde deste luns para un paso previo e obrigatorio antes da apertura do xuízo. Durante a vista, dunhas tres horas, o xuíz Peinado comunicoulle que rematou a investigación pola que lle atribúe catro delitos de corrupción relacionados coa cátedra que codirixiu na universidade. E, de momento, deixou no aire se lle retirará o pasaporte como piden as acusacións populares, que argumentan risco de fuga.
O avogado de Begoña Gómez reclamou a súa absolución argumentando que os feitos investigados non supoñen ningún delito e que existe mala fe por parte das acusacións particulares para atacar o Goberno.
Tamén a Fiscalía pediu o arquivo do caso e a absolución para os tres acusados; ademais de Gómez, está imputada a súa asesora, Cristina Álvarez. As acusacións tamén pediron para ela a retirada do pasaporte. E renunciaron ás medidas cautelares para o terceiro investigado, o empresario Juan Carlos Barrabés.
Agora o xuíz ten tres días para comunicarlles se os envía a xuízo. O percorrido deste caso tamén depende de varios recursos que as defensas e a Fiscalía presentaron na Audiencia Provincial contra as decisións do xuíz.