A Federación desestima a petición do Deportivo de adiar a xornada de 1RFEF
O cadro deportivista pedira a suspensión cautelar de toda a xornada polo "grave prexuízo" que, ao seu entender, provoca a situación do DUX
O Deportivo solicitou diante do Xuíz Único de Competicións non profesionais o adiamento de toda a xornada da Primeira RFEF. Nun escrito remitido por David Villasuso, Director Xeral do club coruñés, polo feito de xerar "un agravio comparativo e un prexuízo irreparable para o noso primeiro equipo masculino". Unha petición que foi desestimada pola Real Federación Española de Fútbol co que os outros nove partidos da xornada sí se xogarán.
El RC Deportivo solicita aplazar la totalidad de la primera jornada de Primera Federación https://t.co/YheezQFaCT pic.twitter.com/WC4A9YXRB7
— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 26, 2022
O xuíz de Competición da RFEF decidira adiar o Deportivo-DUX Internacional e inicia un procedemento de desinscrición do Dux Internacional de Madrid da Primera Federación.
OFICIAL | Aplazado el RC Deportivo-Dux Internacional de Madrid en Primera Federación
— RFEF (@rfef) August 26, 2022
🔗 https://t.co/vIIU1eziJy pic.twitter.com/tD6Rv8Uv9c
Desde dentro dos xogadores do Deportivo, Antoñito xa falaba de falta de seriedade dentro da competición:
"Isto non pode pasar se a Federación quere que sexa unha competición seria e bonita"