Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xornalista da TVG Xavier Lama gaña por segunda vez o premio Pérez Lugín

O xornalista da TVG Xavier Lama gaña por segunda vez o premio Pérez Lugín

O seu relato analiza a vida do edificio da Terraza, que acollerá a Axencia de Intelixencia Artificial, entre as dúas pandemias que viviu, a da gripe e a do covid, con referencias a Julio Camba, a Manuel Murguía, a Wenceslao Fernández Flórez e moitos feitos históricos

G24.gal 20/12/2022 21:30

O xornalista Xavier Lama conseguiu por segunda vez o premio xornalístico Alejandro Pérez Lugín, que tiña como lema en 2022 'Desde a Terraza do xornalismo coruñés'.

O xurado valorou dezaoito traballos e escolleu o traballo titulado 'Espello da historia entre dúas pandemias' que presentou Lama, quen xa fora galardoado en 2018.

O seu relato analiza a vida do edificio da Terraza, que acollerá a Axencia de Intelixencia Artificial, entre as dúas pandemias que viviu, a da gripe e a do covid, con referencias a Julio Camba, a Manuel Murguía, a Wenceslao Fernández Flórez e moitos feitos históricos.

Nacido na localidade luguesa de Santa Euxea, o gañador do Pérez Lugín 2022 traballa como xornalista no campo televisivo, na TVG, e durante trece anos tamén o fixo como profesor asociado nas facultades de Ciencias da Comunicación e Humanidades de Santiago.

Ademais dos dous Pérez Lugín, obtivo recoñecementos nos ámbitos da poesía, como o premio Esquío, e a dramaturxia, con galardóns como o Rafael Dieste, Camiñoo de Santiago, María Casares, Manuel María, Laidamuco e Barriga Verde.

O tamén xornalista Abel Pena, de El Ideal Gallego, gañou un accésit polo traballo 'Méndez Núñez número 100.4', no que reflexiona sobre a marcha de RNE do edificio unha vez que a AESIA chegue á cidade.

A Terraza fai 100 anos este 2022, desde hai case corenta acolleu a delegación de Televisión Española na Coruña e, previamente, foi sede de Radio Nacional de España en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade