Cargando resultados...
O Xirona non deixa lugar á sorpresa do Ensino (58-72)
O equipo catalán rachou o partido no terceiro cuarto con Sykes e Gardner marcando a diferenza
G24.gal
11/03/2023 21:57
E esta tarde chegaba a Lugo un dos mellores equipo de Europa para medirse ao Durán Maquinaria Ensino e as de Xirona cumpriron os prognostico, gañaron no Pazo por 72 a 58.
As de Antonio Pernas estiveron competindo ben durante os dous primeiros cuartos, pero xa no terceiro as visitantes comezaron a coller unha vantaxe insalvable.
Prieto anotou 12, Aliaga 10. Foron as únicas locais en dobres díxitos. A xogadora do partido foi a norteamericana Bristni Sykes, con 19 puntos e moi boas porcentaxes. Gardner tamén estivo intratable e foise ata os 24 goles.