O Vilarreal perde ante o Ajax e segue sen gañar na Champions (1-2)
Os de Marcelino desaproveitaron o gol de Oluwaseyi e sumaron a sétima xornada europa sen acadar unha vitoria
Mala sorte para o galego Comesaña que propiciou o tanto do empate do equipo holandés
@VillarrealCF
Penúltima noite europea do Vilarreal esta temporada e nova derrota do equipo de Marcelino que caeu no Madrigal ante o Ajax (1–2). Versión inexplicable a que está a amosar en Europa o equipo castellonenco que segue amosando na máxima competición continental unha imaxe desconcertante e nada parecida a que amosa na competición doméstica,
Na primeira metade os grandes protagonistas foron os porteiros. O meta do equipo holandés, Vitezslav Jaros, sacou tres mans impresionantes a remates de Cardona, Pepe e Ayoze Pérez. O Vilarreal dominaba e tiña as mellores ocasións pero o seu meta Arnau Tenas tivo que aparecer para abortar de forma espectacular un remate de Winjdal.
Pero ó pouco de iniciar a segunda metade o canadense Oluwaseyi adiantaba o equipo castellonenco conectando un gran remate desde a frontal da área. O partido estaba onde quería o Vilarreal pero sorprendentemente volveu a aparecer a versión europea dos de Marcelino. Outra vez foron de máis a menos e convertíronse de novo nese equipo irrecoñecible respecto o que xoga o campionato de liga. O vigués Santi Comesaña, cun remate na súa propia portería, empataba o choque para os de Amsterdam que se farían coa vitoria nos últimos minutos ó aproveitar Edvardsen un contraataque vertixinoso do seu equipo.