Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vigués Diego Martínez, novo adestrador do RCD Español

O vigués Diego Martínez, novo adestrador do RCD Español

O técnico galego será o encargado de liderar o conxunto branco e azul as dúas próximas tempadas

G24.gal 31/05/2022 13:08

Diego Martínez é o novo adestrador do RCD Español. O técnico galego será o encargado de liderar o conxunto branco e azul as dúas próximas tempadas. O club branco e azul e o técnico alcanzaron un acordo que lle vincula ata o 30 de xuño de 2024. Diego Martínez, que xogou nas categorías inferiores do Celta, iniciou a súa carreira profesional como adestrador no Imperio Albolote e no Areas de Armilla antes de dar o salto ao Motril CF (2007-2009).

A súa brillante traxectoria á fronte do conxunto granadino, chamou a atención do club hispalense. Diego Martínez sumouse á área de metodoloxía para despois pasar ao banco e adestrar o Sevilla C e o División Honra, ao que levou a gañar a Copa de Campións. Posteriormente, incorporouse como axudante do corpo técnico do primeiro equipo sevillista.

Tras un breve paso por Osasuna, Diego Martínez chega ao Granada CF onde cultivou grandes éxitos. Ascenso a Primeira División, clasificación para a Europa League (caeu eliminado en cuartos de final ante o Manchester United) e unha brillante posición nas súas dúas tempadas na máxima categoría. Na Copa do Rei tamén completou grandes actuacións (semifinais e cuartos de final).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade