Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vento afasta o fume dos incendios de Galicia e mantén unha boa calidade do aire

O vento afasta o fume dos incendios de Galicia e mantén unha boa calidade do aire

MeteoGalicia informa de niveis favorables en Ourense salvo na Rúa, onde é regular

A Xunta recomenda precaución ante as partículas que poden causar irritación e problemas respiratorios

G24.gal 21/08/2025 15:47

A vaga de incendios forestais que afecta Galicia non está a prexudicar este xoves a calidade do aire, que se mantén en niveis favorables en varios puntos da provincia de Ourense grazas á dirección do vento, que afasta o fume.

Segundo MeteoGalicia, tres estacións de Ourense rexistran unha calidade de aire favorable, mentres que só a da Rúa presenta un nivel regular pola presenza de partículas PM10.

Estas partículas, xunto coas PM2,5, poden provocar irritación nos ollos, no nariz, na gorxa e nos pulmóns, ademais de dor de cabeza, dor torácica ou dificultades para respirar.

A Xunta pide extremar as precaucións: limitar ao máximo o tempo no exterior, evitar o exercicio físico ao aire libre, empregar máscaras tipo FFP2 e permanecer nas vivendas mantendo o aire interior limpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade