Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Valencia esperta na pista do Ensino (57-68)

O Valencia esperta na pista do Ensino (57-68)

As visitantes marcharon ao final do terceiro cuarto e rendibilizaron a diferenza no último 

G24.gal 05/11/2022 23:38

O Durán Maquinaria Ensino tiña un duro rival no Pazo dos deportes de Lugo. Derrota das galegas por 11 puntos de diferenza diante do Valencia, un dos equipos importantes na Liga Feminina que comezara dun xeito decepcionante a liga (57-68). 

As de Antonio Pernas volveron ter en Paula Ginzo (12 puntos) e Blanca Millán (13) as súas mellores anotadoras. Durante moitos minutos soñaron con dar a sorpresa pero o Valencia aguantou nos momentos quentes do partido. 

O encontro estivo igualado ata o minuto 26 (38-43). Queralt Casas (máxima anotadora do partido con 20 tantos) liderou un parcial de 0-7 que le permitiu irse por riba dos dez puntos e Valencia xa non soltaría esa vantaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos