Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Valencia castiga a fráxil moral do Obradoiro (75-97)

O Valencia castiga a fráxil moral do Obradoiro (75-97)

O conxunto visitante marcou diferenzas desde o primeiro cuarto e sentenciou no derradeiro

Kassius Robertson regresou ao Sar vestido de laranxa

Novena derrota consecutiva dun Obradoiro que non gaña na casa desde novembro

G24.gal 10/03/2024 14:36

O Valencia Básket non era o mellor rival para comezar a reacción do Obradoiro. O equipo laranxa acadou unha cómoda vitoria en Santiago (75-97) cimentada na vantaxe que acadou ao principio no partido e culminada cun grande inicio do último cuarto. 

O equipo visitante comezou cun gran ritmo anotador liderados por Jones e decontado foi aos dez puntos de marxe (17-27). Ao final do primeiro cuarto o resultado era de 20-27 e no principio do segundo cuarto o Obradoiro chegou a poñerse a cinco (24-29). Foi un espellismo porque os visitantes fixeron un parcial de 0-8 que volveu poñer terra de por medio. O primeiro tempo acabou cunha tripla de Jones sobre a bucina que poñía o 40-49. 

No terceiro cuarto viuse o mellor Obradoiro. Mediado o cuarto Mendoza anotou o 50-53. Nunca tan preto estivo o equipo santiagués que volveu a sufrir o rigor do Valencia (58-69) que acabou por sentenciar ao comezo do último cuarto cun 1-14 (59-83). Por riba dos vinte puntos xa foron os minutos do lixo. No Obradoiro volveu destacar Pustovyi con21 puntos e en Valencia foi un traballo máis coral pero cun Jones sensacional (22 puntos en 22 minutos e 26 de valoración). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos