Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Tudelano vende moi cara a súa pel en Riazor

O Tudelano vende moi cara a súa pel en Riazor

O Dépor viuse por debaixo no marcador ata en tres ocasións na primeira parte e marchou o descanso perdendo 2-3

Villares marcou o gol da remonta 4-3, pero o cadro visitante non se rendeu e tivo un longueiro no engadido para empatar

G24.gal 14/05/2022 18:55

O Tudelano puxo o Dépor en moitos problemas malia ser un equipo xa descendido, e obrigou os de Borja Jiménez a remontar sobre a bucina para seguir defendendo o segundo posto cun Rácing que xoga mañá ás 17:00 na G2.

Comezou o cadro visitante adiantándose cun auténtico golazo de Pablo Caballero moi cedo, no minuto 7. Nun saque dende o curruncho, Borja Granera aproveita unha peiteada de Bergantiños para empatar o partido. Pero o ex do Lugo, Caballero, volveu intervir. Marcou o segundo para poñer de novo por diante o Tudelano.

Nunha xogada de William pola dereita, Mario Soriano meteulle a man ao centro ao máis puro estilo Maradona para colocar de novo o 2-2. Pero unha vez máis, respostou o Tudelano. No derradeiro minuto dos 5 de engadido da primeira parte, Agus Alonso colocaba o 2-3.

Pero na segunda parte o Dépor tirou de galóns, Borja axitou a árbore e os brancoazuis foron dominadores. Nunha xogada entre Quiles e Miku chegaba o 3-3. E Villares no 74' dende o saque de curruncho facía o 3-4 para a ledicia de Riazor. 

No tempo engadido, aínda tivo un traveseiro o Tudelano para poñer o empate. Pero non o logrou e o Deportivo suma 3 puntos vitais na pelexa polo segundo posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade