Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG autoriza prorrogar a prohibición de reunións nocturnas na fin de semana

O TSXG autoriza prorrogar a prohibición de reunións nocturnas na fin de semana

Tamén prorroga a esixencia do certificado covid nalgúns establecementos

As medidas prorróganse ata o 29 de xaneiro

Consulta a edición BIS do DOG aquí

G24.gal 14/01/2022 18:22

As restricións anticovid continuarán en Galicia. Teñen o aval da xustiza para prorrogalas ata o 29 de xaneiro. Os xuíces valoran o efecto favorable de esixir o certificado covid en hostalería e outros ámbitos, mesmo polos beneficios indirectos para a poboación máis resistente a vacinarse, aseguran no auto.

As reunións de non conviventes entre as tres e as seis da mañá quedan limitadas a partir da próxima semana ás noites do xoves ao venres, fins de semana e festivos.  O alto tribunal considera proporcionado que prohiban  xusto nos días en que se produce  máis concentración de persoas en espazos públicos e privados nese horario.

Tivo en conta un informe da Policía Autonómica, do que se tira que esa restrición facilita as inspeccións nos locais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera evidente a necesidade de prorrogar as medidas anticovid ante o informe da evolución da pandemia que lle remitiu a Xunta.

 "Os datos de crecemento minoran, pero con 8.000 casos diarios hai que seguir traballando en medidas para aliviar a carga de atención primaria e sobre todo anticiparnos por se finalmente se dese ese incremento de casos de hospitalización. Pero vaia, hai que ser prudentes", aseguraba o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

 A pesar da explosión de contaxios de ómicron a maioría da persoas que precisan ingreso hospitalario están contaxiadas coa variante delta do virus. Desde Sanidade inciden na importancia de vacinarse e de manter os cribados. Tamén nos centros escolares.

 "Os tests de saliva estamos traballando con Educación para telos dispoñibles a partir do vindeiro luns", anunciaba o conselleiro.

Cando haxa un positivo nunha aula distribuiranse tests entre o resto do alumnado da clase para comprobar se hai máis contaxios. Está previsto repartir 50.000 tests para axudar a frear a expansión do virus nos centros educativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade