Publicador de contidos

O tráfico de mercadorías de pesca conxelada supera a automoción no porto de Vigo

O tráfico de mercadorías de pesca conxelada supera a automoción no porto de Vigo

A pesca conxelada move 2.000 toneladas máis ca a automoción no mes de outubro

G24.gal 24/11/2021 14:42

As exportacións de vehículos caeron ata tal punto que os coches xa non son a primeira mercadoría que sae do porto de Vigo.

Os últimos datos reflicten unha caída de algo máis dun 13 % no movemento de vehículos provocada pola falta de semicondutores e os paros na fabricación. 

O primeiro posto pasa a ocupalo a pesca conxelada, que crece por riba do 12 % e move dúas mil toneladas máis que a automoción. 

Con todo, o porto de Vigo acumula un crecemento no tráfico de mercadorías de case dez puntos no que levamos de ano. 

Os metais e as manufacturas sitúanse no terceiro posto en tráfico de mercadorías no porto vigués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos